19 de setembro de 2021

TORNEO XADREZ DO TEMPLE

Co Torneo Xadrez do Temple queremos dar inicio a tempada 2021-2022. Poucos días antes, o xoves, a Comisión Delegada da Federación Galega terá a ben aprobar se hai algún torneo oficial para o que queda de ano. A nosa intención é realizar catro torneos valedeiros para ELO dentro do Circuito das Mariñas, un mais que será o Torneo do Rosario e ademais facer que tamén conte para ELO a Copa AGAX.

Con estas actuacións tentamos que aqueles que realizaron ficha para este 2021 poidan polo menos disputar uns cantos torneos que faremos coa idea de que a xente síntase segura xogando.

Por ese motivo no Circuito das Mariñas o aforo estará limitado a 40 persoas. En todos os postos de xogos colocaremos xel e as salas permanecerán ventiladas.

Nome do Torneo: TORNEO XADREZ DO TEMPLE

Data: 26 de setembro de 2021.

Lugar: Vila Concepción - O Seixal - Cambre.

Ritmo: 10 minutos + 3 segundos de incremento.

Sistema: Suizo a 6 roldas. Valedeiro para ELO.

Horario:
Presentación de xogadores: 16,30-17,00
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
6ª Rolda: 19,55
Entrega de trofeos ás 20,30

Categorías: Unha soa categoría absoluta.

Premios: Trofeos para os tres primeiros clasificados.

Cota: O torneo é gratuito. Para 40 participantes. 
Se queres axudar a facer posible estes torneos pedimos que valores a posibilidade de facerte socio de AGAX para 2021-2022 (informacion) Os socios de AGAX terán preferencia na inscrición.

Circuito: Ademais de valer para ELO FIDE o torneo estará dentro do Circuito Xadrez das Mariñas, unha proba amigable na que contarán todos os participantes ao xeito cotián dos circuitos de AGAX. O vencedor levará un trofeo no último torneo deste Circuito. (Teremos un torneo en setembro, outubro, novembro e decembro).

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

Advertencia 4: Os xogadores inscritos recibirán no seu whatsapp ou correo un formulario relativo á aceptación de riscos pola actual situación COVID dacordo cos protocolos habituais nesta circunstancia. E obrigatorio a súa entrega durante a presentación dos xogadores.


A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

17 de setembro de 2021

Afiliacion 2020-2021

A inicios deste mes de setembro chegábamos aos 32 anos de rexistro administrativo da nosa entidade.

E nesta nova tempada 2021-2022 temos a intención de facer distintos torneos con validez para ELO FIDE.

Queremos que moitos destes torneos sexan de balde, polo que necesitaremos fondos para costear a parte non cuberta polas subvencións públicas.

Por ese motivo neste 2021-2022 procedemos a unha suba das cotas da entidade, que agardamos sexan ben recibidas.

COTAS ANUAIS 2021-2022
(Ata 31 de agosto de 2022)

Socio xeral: 20 euros

Socio xuvenil: 10 euros (nados en 2004 ou seguintes)


Estas son algunhas das vantaxes dos socios de AGAX:

- Recibir unha camisola da entidade.
- Prioridade na inscrición dos torneos valedeiros para ELO do Circuito das Mariñas.
- Participación de balde no Torneo do Rosario valedeiro para ELO.
- Torneo exclusivo para socios Copa AGAX - Tódolos Santos valedeiro para ELO.


(Tras facelo recibirás nunhas horas un whatsapp co número de conta
onde facer o ingreso para completar o proceso de asociación)

24 de xullo de 2021

II TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

A Asociación Galega de Xadrecistas e as asociacións Savilemos e INCUDE animan a pasar o próximo sábado un rato coñecendo o Pazo de Tor, da Rede Museística da Deputación de Lugo, e particpar na  II Tarde de Xadrez no Pazo de Tor,

Nome do Torneo: II TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

Data: 31 de xullo de 2021.

Lugar: Pazo de Tor - Monforte

Hora de inicio: 16,30. As partidas duraran unha hora aproximadamente e a continuación haberá unha visita polo interior e polos xardíns do Pazo. O horario previsto aparece no cartel.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,00.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas. 

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 5 minutos a finish.

Categorías: Única.

Premios:

Trofeo para o mellor.
Agasallo para todos os participantes. Pola situación coa COVID o límite de inscritos será de 20. 
É obrigatorio o uso de máscara. En cada posto de xogo colocaremos xel desinfectante.

Cota: De balde.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

1 de abril de 2020

CERTAME DE DEBUXO XADRECISTICO

Hoxe é o Día das Artes Galegas, e a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro do noso programa de actividades deste período de confinamento,  o Certame de Debuxo Xadrecístico, dacordo ás seguintes BASES:

1. Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen, de calquera idade, con traballos en branco en negro (a unha soa tinta). Poderán presentar un ou varios debuxos. O xadrez debe aparecer nos mesmos xa sexa dunha maneira principal ou secundaria.

2. Os traballos serán inéditos, mellor se son elaborados nestes días especiais, e cunha extensión non superior a un A4.

3. As obras enviaranse en formato PDF ou JPG até o día 1 de maio de 2020 por correo electrónico a correo@agax.org.

4. O nome do autor debe debe aparecer no texto da mensaxe do correo e non na obra en si.

5. AGAX determinará a composición do tribunal calificador entre xadrecistas e simpatizantes que non se presentaron ao concurso, nin eles nin familiares próximos. O fallo do xurado será inapelable.

6. Os traballos seleccionados editaranse neste 2020, sendo as ilustracións do libro que anualmente edita a nosa asociación.

7. Ademais AGAX entregará aos autores seleccionados un lote de libros editado pola asociación, un bolígrafo e unha camiseta da entidade. O mellor dos debuxos presentados recibirá tamén un trofeo conmemorativo consistente nunha peza de Sargadelos.

8. A participación no Certame supón a aceptación destas Bases.

BASES EN CASTELLANO

Hoy es el Día de las Artes de Galicia y la Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro de nuestro programa de actividades de este periodo de confinamiento,  el Certamen de Dibujo Ajedrecístico, con arreglo a las siguientes BASES:
1. Podrán participar en el certamen todas las personas que lo deseen, de cualquier edad, con trabajos en blanco y negro (a una sola tinta). Podrán presentar uno o varios dibujos. El ajedrez debe aparecer en los mismos ya sea de una manera principal o secundaria.
2. Los trabajos serán inéditos, mejor si son elaborados en estos días especiales, y con una extensión no superior a un A4.
3. Las obras se enviarán en formato PDF o JPG hasta el día 1 de mayo de 2020 por correo electrónico a correo@agax.org.
4. El nombre del autor debe aparecer unicamente en el texto del mensaje del correo.
5. AGAX determinará la composición del tribunal calificador entre ajedrecistas y simpatizantes que no se hayan presentado al concurso, ni ellos ni familiares próximos. El fallo del jurado será inapelable.
6. Los trabajos seleccionados se editarán en este 2020, constituyendo las ilustraciones del libro que anualmente edita nuestra asociación. 
7. Además AGAX entregará a los autores seleccionados un lote de libros editado por la asociación, un bolígrafo y una camiseta de la entidad. El mejor de los dibujos presentados recibirá también un trofeo conmemorativo consistente en una pieza de Sargadelos.
8. La participación en el Certamen supone la aceptación de estas Bases.

27 de marzo de 2020

Empezou a II COPA AGAX ONLINE

Adiantada polos especiais momentos que estamos a vivir, 25 xogadores toman parte dende hoxe da II Copa AGAX Online.

Lembramos que toda a actividade deste periodo pode verse en www.xogandocoxadrez.eu

Info da COPA AGAX... PREME



20 de marzo de 2020

COPA AGAX ONLINE

Rematada a I COPA AGAX ONLINE, co resultado final que amosamos, sendo vencedor Roberto Serrano e tendo en conta estes días especiais que estamos a atravesar, a Asociación Galega de Xadrecistas, convoca a II COPA AGAX ONLINE. Inscricións ata o 26/03/2020 ou ata rematar o máximo número de inscritos. Teremos trofeos para os tres primeiros, que poidan vir a recollelos. Empezará o 27/03/2020

Realizarase, como no caso da edición anterior, na plataforma chess.com

ANOTARSE

18 de marzo de 2020

CONCURSO DE CONTOS XADRECISTICOS

A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro do noso programa de actividades deste período de confinamento,  o II Certame de Contos Curtos Xadrecísticos, dacordo ás seguintes BASES:

1. Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen, de calquera idade, con traballos en galego ou castelán. Poderán presentar un ou varios textos. O xadrez debe aparecer nos mesmos xa sexa dunha maneira principal ou secundaria.

2. Os contos serán inéditos, mellor se son elaborados nestes días especiais, e cunha extensión non superior a 2 páxinas, en formato A4 e con máximo 30 liñas por páxina.

3. As obras enviaranse en formato PDF até o día 15 de abril de 2020 por correo electrónico a relatos@agax.org.

4. No PDF dos relatos non se incluirá o nome de remitente, que se debe aparecer no texto da mensaxe do correo.

5. AGAX determinará a composición do tribunal calificador entre xadrecistas e simpatizantes que non se presentaron ao concurso, nin eles nin familiares próximos. O fallo do xurado será inapelable.

6. Os traballos seleccionados editaranse neste 2020, sendo a base do libro que anualmente edita a nosa asociación. Os traballos presentados en castelán serán traducidos ao galego para esta edición, publicándose na lingua orixinal na páxina web.

7. Ademais AGAX entregará aos autores seleccionados un lote de libros editado pola asociación, un bolígrafo e unha camiseta da entidade. O mellor dos relatos presentados recibirá tamén un trofeo conmemorativo consistente nunha peza de Sargadelos.

8. A participación no Certame supón a aceptación destas Bases.

AMPLIADO PRAZO ATA 30 DE ABRIL

BASES EN CASTELLANO

La Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro de nuestro programa de actividades de este periodo de confinamiento,  el II Certamen de Cuentos Cortos Ajedrecísticos, con arreglo a las siguientes BASES:
1. Podrán participar en el certamen todas las personas que lo deseen, de cualquier edad, con trabajos en gallego o castellano. Podrán presentar uno o varios textos. El ajedrez debe aparecer en los mismos ya sea de una manera principal o secundaria.
2. Los cuentos serán inéditos, mejor si son elaborados en estos días especiales, y con una extensión no superior a 2 páginas, en formato A4 y con máximo 30 líneas por página.
3. Las obras se enviarán en formato PDF hasta el día 15 de abril de 2020 por correo electrónico a relatos@agax.org.
4. En el PDF de los relatos no se incluirá el nombre de remitente, que si debe aparecer en el texto del mensaje del correo.
5. AGAX determinará la composición del tribunal calificador entre ajedrecistas y simpatizantes que no se hayan presentado al concurso, ni ellos ni familiares próximos. El fallo del jurado será inapelable.
6. Los trabajos seleccionados se editarán en este 2020, siendo la base del libro que anualmente edita nuestra asociación. Los trabajos presentados en castellano serán traducidos al gallego para esta edición, publicándose en la lengua original en la página web.
7. Además AGAX entregará a los autores seleccionados un lote de libros editado por la asociación, un bolígrafo y una camiseta de la entidad. El mejor de los relatos presentados recibirá también un trofeo conmemorativo consistente en una pieza de Sargadelos.
8. La participación en el Certamen supone la aceptación de estas Bases.