12 de decembro de 2017

LXIX TORNEO DE NAVIDAD

O sábado 16 de nadal celebraremos o LXIX Torneo de Navidad.

Entre os cambios deste 2017 que remata en Artesanos un deles é od e darlle nova forza a este torneo.

Nome do Torneo: LXIX TORNEO DE NAVIDAD

Data: 16 de decembro de 2017.

Lugar: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. San Andrés. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Horario das roldas: 17,00 / 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Cota: Gratuito.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

18 de novembro de 2017

TORNEOS DE OUTONO

Nome do Torneo: TORNEOS DE OUTONO DE XADREZ

Datas: 25 e 26 de novembro de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.

Sábado 25 de novembro.

Teremos dous torneos: Torneo por equipos integrados por 3 persoas e Torneo de Pasapezas (o chamado Mundial de Pasapezas).

Para participar nos torneos do sábado pedimos que cada un dos xogadores achegue algún dos seguintes alimentos aceite, leite, garavanzos, lentellas, fabas, conservas vexetais, conservas de peixe, azucar, fariña, café ou cacao (mellor se o valor está en torno aos 2 euros). Todo o recollido irá para o Banco de Alimentos Rías Altas e a súa recollida anual.

Torneo por equipos.
Horario: 17,00 a 20,00.
Equipos formados por tres xogadores.
Trofeo para os tres primeiros equipos clasificados.

Campionato de Pasapezas.
Horario: 20,00 a 21,00.
Trofeo para a parella vencedora.

Domingo 26

Para participar no torneo do domingo pedimos que cada un dos xogadores achegue algún dos seguintes alimentos aceite, leite, garavanzos, lentellas, fabas, conservas vexetais, conservas de peixe, azucar, fariña, café ou cacao (mellor se o valor está en torno aos 2 euros). Todo o recollido irá para o Banco de Alimentos Rías Altas e a súa recollida anual. Ademais hai unha cota de 1 euro por xogador. A cota irá integramente para a asociación ecolóxica promovida, entre outras entidades, polo CIDU.

Horario: 17,30 a 20,00.
Ritmo de 15 minutos por xogador (17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30)
Dúas categorías: Absoluta e Sub14
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados das dúas categorías e unha medalla para todos os sub14 participantes.

Hora de entrega de premios aproximada: 20,00.

Partcipantes: Máximo 60

Inscricións: Abertas ata o venres 24 de novembro.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

ANOTARSE NA NOSA LISTA DE CORREO

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo. A cota federativa é de so 3 euros ao ano para os menores de 14 anos e de 12 para o resto.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

12 de outubro de 2017

Clasificación do Virxe do Rosario

Publicamos os resultados da edición deste ano.

Torneo Virxe do Rosario

Categoría absoluta xogada en Artesanos.

1. Manuel Esteve
2. Pablo Leis
3. J. M. García
4. J. M. Dorado
5. Roberto Blandón
6. Dani García
7. Héctor Rodríguez
8. Alejandro de León

2 de outubro de 2017

VIRXE DO ROSARIO

Una ano mais, chega no inicio da temporada o Torneo Virxe do Rosario.

E desta vez, como xa ocurrera o ano pasado, o realizaremos nun espazo que ata agora non acollera este torneo: A Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.

Queremos facer un torneo amigable no que teremos un máximo de participantes fixado en 30.

A proba é de balde e en caso de ter mais anotados que prazas terán preferencia os socios de AGAX ou ARTESANOS.

TORNEO DE RAPIDAS: Xoves 5 ás 20,30

TORNEO A 15 MINUTOS: Sábado 7 ás 17,00

Trofeos para os tres primeiros absolutos, tres primeiros veteranos, tres primeiros sub14 e primeiro clasificado no torneo de rápidas.

Inscríbete premendo aqui.