19 de setembro de 2021

TORNEO XADREZ DO TEMPLE

Co Torneo Xadrez do Temple queremos dar inicio a tempada 2021-2022. Poucos días antes, o xoves, a Comisión Delegada da Federación Galega terá a ben aprobar se hai algún torneo oficial para o que queda de ano. A nosa intención é realizar catro torneos valedeiros para ELO dentro do Circuito das Mariñas, un mais que será o Torneo do Rosario e ademais facer que tamén conte para ELO a Copa AGAX.

Con estas actuacións tentamos que aqueles que realizaron ficha para este 2021 poidan polo menos disputar uns cantos torneos que faremos coa idea de que a xente síntase segura xogando.

Por ese motivo no Circuito das Mariñas o aforo estará limitado a 40 persoas. En todos os postos de xogos colocaremos xel e as salas permanecerán ventiladas.

Nome do Torneo: TORNEO XADREZ DO TEMPLE

Data: 26 de setembro de 2021.

Lugar: Vila Concepción - O Seixal - Cambre.

Ritmo: 10 minutos + 3 segundos de incremento.

Sistema: Suizo a 6 roldas. Valedeiro para ELO.

Horario:
Presentación de xogadores: 16,30-17,00
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
6ª Rolda: 19,55
Entrega de trofeos ás 20,30

Categorías: Unha soa categoría absoluta.

Premios: Trofeos para os tres primeiros clasificados.

Cota: O torneo é gratuito. Para 40 participantes. 
Se queres axudar a facer posible estes torneos pedimos que valores a posibilidade de facerte socio de AGAX para 2021-2022 (informacion) Os socios de AGAX terán preferencia na inscrición.

Circuito: Ademais de valer para ELO FIDE o torneo estará dentro do Circuito Xadrez das Mariñas, unha proba amigable na que contarán todos os participantes ao xeito cotián dos circuitos de AGAX. O vencedor levará un trofeo no último torneo deste Circuito. (Teremos un torneo en setembro, outubro, novembro e decembro).

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

Advertencia 4: Os xogadores inscritos recibirán no seu whatsapp ou correo un formulario relativo á aceptación de riscos pola actual situación COVID dacordo cos protocolos habituais nesta circunstancia. E obrigatorio a súa entrega durante a presentación dos xogadores.


A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

17 de setembro de 2021

Afiliacion 2020-2021

A inicios deste mes de setembro chegábamos aos 32 anos de rexistro administrativo da nosa entidade.

E nesta nova tempada 2021-2022 temos a intención de facer distintos torneos con validez para ELO FIDE.

Queremos que moitos destes torneos sexan de balde, polo que necesitaremos fondos para costear a parte non cuberta polas subvencións públicas.

Por ese motivo neste 2021-2022 procedemos a unha suba das cotas da entidade, que agardamos sexan ben recibidas.

COTAS ANUAIS 2021-2022
(Ata 31 de agosto de 2022)

Socio xeral: 20 euros

Socio xuvenil: 10 euros (nados en 2004 ou seguintes)


Estas son algunhas das vantaxes dos socios de AGAX:

- Recibir unha camisola da entidade.
- Prioridade na inscrición dos torneos valedeiros para ELO do Circuito das Mariñas.
- Participación de balde no Torneo do Rosario valedeiro para ELO.
- Torneo exclusivo para socios Copa AGAX - Tódolos Santos valedeiro para ELO.


(Tras facelo recibirás nunhas horas un whatsapp co número de conta
onde facer o ingreso para completar o proceso de asociación)